top of page
Cartel sobre Dalí Atómico con varias obras de arte e textos

Arte e física en diálogo

Desde o 23 de abril, as escaleiras de acceso á primeira planta do instituto convertéronse nun pequeno espazo expositivo onde a ciencia e a arte dialogan.

O alumnado de 3º da ESO, na materia de Física e Química, realizou unha serie de traballos nos que mestura conceptos como a radioactividade, a fisión e a fusión nuclear cunha proposta artística inspirada en obras de Salvador Dalí. A partir dos seus cadros, descubriron a fascinación do artista polo mundo atómico, nun momento histórico no que estes avances científicos estaban a transformar a visión da realidade.

 

Pero a exposición vai máis alá. Xunto a estas creacións, tamén se poden atopar biografías de mulleres científicas relacionadas coa física e a química, elaboradas polo propio alumnado. Unha oportunidade para coñecer referentes femininos que, a pesar de seren menos coñecidos, tiveron un papel clave no desenvolvemento da ciencia.

 

Esta actividade non só permitiu aprender ciencia doutro xeito, senón tamén reflexionar sobre quen fai a ciencia e a importancia de dar visibilidade ás mulleres neste ámbito.

Website created by David Méndez Gil, 1st year student of Baccalaureate A with the optional Computer and Communications Technologies option

bottom of page