top of page

NOVEMBER 25

On the occasion of November 25, our center developed various activities aimed at raising awareness, reflection and education in equality.

  • Creation of posters in tutorials by students

  • Special musical program at the entrances and exits of the center

  • Selection of featured books in the library.

  • Informative talk for students about stereotypes

These complementary proposals seek to encourage critical thinking, promote respect and involve the entire educational community in the prevention of sexist violence.

PROGRAMACIÓN MUSICAL

No noso instituto, o departamento de Música organiza audicións musicais para acompañar e amenizar as entradas e saídas do centro.

Con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, ao longo desta semana escoitamos unha selección especial de cancións e obras compostas ou interpretadas por mulleres. A través da música queremos visibilizar o talento feminino e recoñecer o papel fundamental que tantas mulleres tiveron —e teñen— na creación musical ao longo da historia, a pesar das dificultades que moitas atoparon para desenvolver a súa carreira.

Así, durante esta semana puidemos escoitar:

ENTRADAS – Música clásica composta por mulleres

Durante as entradas ao centro tamén puidemos descubrir obras de compositoras que, durante moito tempo, quedaron nun segundo plano na historia da música, pero cuxo talento está a ser cada vez máis recoñecido.

  • Clara Schumann – Trío para piano en sol menor, op. 17 (1º movemento)

Brillante pianista e compositora do Romanticismo, foi unha das grandes figuras musicais do século XIX.

 

  • Dora Pejacevic – Sinfonía en fa sostido menor, op. 41 (3º movemento)

Compositora croata que destacou pola riqueza e modernidade das súas obras orquestrais.

 

  • Fanny Mendelssohn – Trío para piano en re menor, op. 11 (1º movemento)

Gran pianista e compositora que durante moitos anos quedou á sombra do seu irmán, pero cuxa obra é hoxe cada vez máis valorada.

 

  • Amy Beach – Sinfonía Gaélica (4º movemento)

Pioneira da música sinfónica nos Estados Unidos, nun tempo no que ás mulleres lles resultaba moi difícil dedicarse profesionalmente á composición.

 

  • Florence Price – Sinfonía nº1, “Juba Dance” (3º movemento)

Primeira compositora afroamericana en ser interpretada por unha gran orquestra, incorporando nas súas obras ritmos e tradicións da cultura afroamericana.

 

TARDE – Bandas sonoras de cine

  • BSO de Emma – Rachel Portman

A compositora británica Rachel Portman foi a primeira muller en gañar o Óscar á mellor banda sonora orixinal. A súa música para Emma destaca pola elegancia e sensibilidade coas que acompaña a historia.

 

SAÍDAS

  • “Hoxe, mañá e sempre” – Tanxugueiras

Unha proposta que une tradición e modernidade, na que as Tanxugueiras reivindican a forza da cultura galega e a voz das mulleres na música actual.

 

  • “She Works Hard for the Money” – Donna Summer

Un clásico da música disco que pon en valor o esforzo e a realidade das mulleres traballadoras, converténdose nunha auténtica reivindicación da súa loita diaria.

 

  • “What’s Up?” – 4 Non Blondes

Canción icónica dos anos 90 escrita pola súa vocalista, Linda Perry, que se converteu nun himno de inconformismo e de busca de cambio.

 

  • “Think” – Aretha Franklin

Un dos grandes temas do soul e unha canción que simboliza a liberdade, a independencia e a forza de decidir por unha mesma.

 

  • “Perla” – Rosalía

Un exemplo da creatividade dunha das artistas españolas máis influentes da actualidade, que experimenta con novos sons e formatos musicais.

Horario de audicións musicais do 9 ao 13 de marzo
Audicións musicais, Semana 9-13 marzo.
Calendario de Audicións Musicais, do 9 ao 13 de marzo.

Elaboración de biografías gráficas nas portas das aulas

Con motivo da celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o noso centro desenvolveu unha serie de actividades destinadas a visibilizar o papel das mulleres na ciencia, na cultura, no deporte e na sociedade, así como a promover valores de igualdade, respecto e reflexión crítica entre o alumnado.

 

Estas iniciativas enmárcanse dentro do proxecto Donas de si, unha proposta educativa orientada a dar a coñecer referentes femininos e a reflexionar sobre a igualdade de xénero no ámbito escolar.

Unha das actividades principais consistiu na elaboración de biografías gráficas nas portas das aulas, realizadas polo alumnado e traballadas previamente nas sesións de titoría. Durante estas sesións, o alumnado investigou, seleccionou información relevante e reflexionou sobre a traxectoria e as achegas de diferentes mulleres referentes, co obxectivo de que cada aula contase cun pequeno espazo divulgativo dedicado a elas.

 

A distribución dos traballos foi a seguinte:

  • 1.º ESO: mulleres galegas relevantes de distintos ámbitos.

  • 2.º ESO: mulleres galegas destacadas no deporte.

  • 3.º ESO: mulleres referentes da contorna máis próxima.

 

Entre as mulleres investigadas e presentadas polo alumnado atopamos, por exemplo:

 

1.º ESO – Mulleres galegas relevantes

  • Escritoras: Ledicia Costas e Antía Yáñez.

  • Actrices: María Pujalte e María Castro

  • Cantantes: Tanxugueiras, Guadi Galego e Susana Seivane.

  • Artistas: Lidia Cao (polos seus murais) e Andrea Costas Lago (fotógrafa).

 

2.º ESO – Mulleres deportistas galegas

Irene González, Marta Bobo, Teresa Abelleira, Ana Peleteiro, Teresa Portela, Tamara Echegoyen, Susana Rodríguez Gacio, Jéssica Bouzas, Celia Cerviño, María Pérez Araújo, Chus Lago Rey e Belén Toimil Fernández.

 

Grazas a este traballo colectivo, os corredores e as portas das aulas convertéronse nun mural aberto de referentes femininos, permitindo que toda a comunidade educativa poida coñecer mellor as súas historias e valorar as súas contribucións.

O traballo dos alumnos foi:

Mural con fotos e textos informativos na parede.
Cartel 'MULLERES Ó PODER!' para o 8 de marzo.
Porta amarela con carteis de eventos do 8 de marzo
Exposición de papeis de cores nunha parede
Decoración nunha porta con motivos do 8 de marzo.
Taboleiro con información sobre Ledicia Costas e Antía Yáñez

Escolma de libros na biblioteca

Co gallo do 8 de marzo, a biblioteca do centro preparou unha escolma especial de libros destinada a destacar o traballo, a creatividade e as historias de mulleres que deixaron pegada en distintos ámbitos da sociedade. A selección inclúe obras escritas por autoras contemporáneas e clásicas, biografías de pioneiras, libros de divulgación científica, relatos de superación persoal e títulos que abordan a igualdade desde múltiples perspectivas.

O obxectivo desta escolma é poñer en valor referentes femininos, fomentar a lectura con perspectiva crítica e ofrecer ao alumnado recursos que lles permitan reflexionar sobre o papel das mulleres na ciencia, na literatura, na arte, no deporte e na vida cotiá. A través destas obras, convidamos ao noso estudantado a descubrir voces diversas e inspiradoras que enriquecen a nosa cultura e contribúen a construír unha sociedade máis xusta e igualitaria.

A selección permanecerá dispoñible durante todo o mes de marzo, e o alumnado poderá consultar, levar en préstamo e recomendar novas lecturas para seguir ampliando este espazo dedicado ás mulleres e á igualdade.

Brillantes activistas na vida cotiá

Con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora, o alumnado de 2º da ESO A e B, dentro das actividades promovidas polo Departamento de Lingua Galega, realizou un traballo de homenaxe ás “mulleres traballadoras das súas vidas”.

Son moitas as mulleres que temos ao noso carón e ás que admiramos por diferentes razóns: avoas, nais, irmás, amigas… mulleres loitadoras que fixeron fronte a vidas difíciles, que nos acompañan e nos apoiaron sempre cun amor incondicional. Mulleres que traballan dentro e fóra da casa e que deixan unha pegada imborrable nas nosas vidas.

Os traballos realizados polo alumnado expuxéronse no centro —nun dos corredores— para compartilos con toda a comunidade educativa.

O noso recoñecemento ás “brillantes activistas da vida cotiá”, porque as mulleres foron, son e seguirán sendo un piar fundamental da nosa sociedade.

Entrevista e mural sobre Antía Pérez

A xogadora galega de fútbol sala Antía Pérez, internacional coa selección española e unha das grandes referentes do deporte feminino, respondeu a unha entrevista elaborada polo alumnado de 2º da ESO A, que tivo así a oportunidade de coñecer máis de preto a súa traxectoria, os retos do deporte de alto nivel e os valores que acompañan a unha carreira deportiva de elite.

O alumnado preparou previamente unha serie de preguntas sobre a súa vida deportiva, os seus inicios no fútbol sala, os momentos máis importantes da súa carreira e as dificultades que tivo que superar ao longo do camiño. Antía respondeu con xenerosidade a esta entrevista en papel e fíxonos chegar as súas respostas, permitindo que o alumnado se achegase de maneira directa á experiencia dunha deportista internacional.

Como parte da actividade, os alumnos e alumnas tamén elaboraron un mural moi completo dedicado á xogadora, no que recompilaron fotografías, momentos destacados da súa carreira, logros deportivos e fragmentos da entrevista. Este mural, cheo de detalles sobre a súa vida e o seu percorrido no fútbol sala, busca dar visibilidade ao deporte feminino e poñer en valor a figura das deportistas galegas de elite como referentes para as novas xeracións.

Queremos agradecerlle a Antía a súa dispoñibilidade e o tempo dedicado a responder ás preguntas do noso alumnado, así como a inspiración que transmite coa súa traxectoria, marcada polo esforzo, a superación e a paixón polo deporte.

Grazas, Antía, por compartir connosco a túa experiencia e por seguir sendo un exemplo dentro e fóra da pista.

Website created by David Méndez Gil, 1st year student of Baccalaureate A with the optional Computer and Communications Technologies option

bottom of page