top of page
Foto de un grupo de adolescentes sentado al rededor de una fuente.

Paseo urbán por Coruña

Os días 16 e 18 de decembro o alumnado de 4° da ESO (dous grupos de 38 alumnos un día e outro de 40 o segundo día) realizou una excursión pola cidade da Coruña.

Que fixeron nesta actividade?

Nesta saída poideron ver a pegada que deixou a historia destes últimos 200 anos: batalla de Elviña, Revolución de Riego, transformacións urbanas consecuencia da industrialización, Irmandades da fala, Modernismo..., todo isto mesturado con personaxes relevantes da literatura (castelá e galega), intelectuais, pintores, políticos, etc., dándolle importancia as mulleres relevantes por distintos motivos: heroínas, escritoras, eruditas, aventureiras, benfeitoras da sociedade e mulleres anónimas claves no desenvolvemento da cidade como Emilia Pardo Bazán, Rosalía de Castro, Concepción Arenal, Juana de Vega, Modesta Goicuria, Isabel Zendal...

Así, ao longo da visita acercouse ao alumnado a estas mulleres explicando brevemente a súa vida, obra e papel relevante na sociedade e na historia en diferentes localizacións como o seu lugar de residencia, importancia da súa obra, posto onde se produciu...

A actividade contou coa participación dos departamentos de Historia, Lingua e Literatura Galega, Lingua e Literatura Castelán e co equipo de Plan Proxecta "Donas de si".

Algunhas imaxes da saída

Páxina web creada por David Méndez Gil, alumno de 1º de Bacharelato A da optativa de Tecnoloxías de Informática e das Comunicacións

bottom of page