top of page

25 DE NOVEMBRO

Con motivo do 25 de novembro, o noso centro desenvolveu diversas actividades orientadas á sensibilización, á reflexión e á educación en igualdade.

  • Creación de carteis nas titorías por parte do alumnado

  • Programación musical especial nas entradas e saídas do centro

  • Escolma de libros destacados na biblioteca.

  • Charla informativa para o alumnado sobre estereotipos

Estas propostas complementarias buscan fomentar o pensamento crítico, promover o respecto e implicar toda a comunidade educativa na prevención da violencia machista.

Escolma de libros na biblioteca.
Imagen de una de las puertas decoradas con motivo del 25N
Nota musical
Imagen de una persona dando una charla

Carteis nas portas

Ao longo de dúas semanas, nas sesións de titoría, o alumnado traballou na elaboración de lemas e carteis propios relacionados coa igualdade, o respecto e a prevención da violencia machista. Cada grupo reflexionou sobre a mensaxe que quería transmitir e deseñou o seu cartel de maneira creativa; nalgúns casos, elaboráronse mesmo varias propostas por aula, ampliando así a variedade de ideas e enfoques.

O luns 24 de novembro, todos estes carteis foron colocados nas portas das aulas, converténdose nun percorrido visual que recolle as voces, reflexións e compromisos do alumnado. A actividade pretende favorecer o pensamento crítico, a participación e a visibilización do traballo realizado dende as titorías.

Audicións musicais

No noso instituto, o departamento de música organiza audicións musicais para amenizar as entradas e saídas do centro.

Ao longo da semana do 24 ao 28 de novembro, poidemos escoitar unha selección especial de cancións ao saír das aulas

Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, as cancións están elixidas pola súa mensaxe de forza, denuncia, empoderamento e reflexión. A través da música queremos contribuír á sensibilización da comunidade educativa e promover unha cultura de respecto e igualdade.

Así, durante as saídas desa semana tivemos:

·        “Matriarcas e loita” – Tanxugueiras: A forza da tradición e o orgullo das mulleres galegas.

·        “La puerta violeta” – Rozalén: Un himno contemporáneo contra a violencia machista.

·        “Salir corriendo” – Amaral: Un relato emocional sobre a necesidade de fuxir dunha relación que doe.

·        “Déjala que baile” – Melendi, Alejandro Sanz e Arkano: Un canto á liberdade de ser unha mesma.

·        “Ella” – Bebe: Mensaxe de recuperación, valentía e renacemento.

·        “Malamente” – Rosalía: Unha historia que invita a reflexionar sobre as relacións tóxicas e os sinais de alerta.

Imagen de la lista de audiciones musicales que hubo en el centro

Escolma de libros na bibioteca

Con motivo do 25 de novembro, o Equipo de Dinamización da Biblioteca preparou unha coidada selección de libros centrados na reflexión, o respecto e a igualdade. Estas lecturas especiais estiveron dispoñibles ao longo desa semana no espazo central da biblioteca, á vista de todo o alumnado para que poidesen descubrir novas voces, deterse un intre e levar para casa aquelas obras que lles resulten inspiradoras.

A selección busca abrir camiños de pensamento crítico, promover o diálogo e achegar historias que nos axudan a comprender mellor o mundo que nos rodea.

Charla do programa "Ti elixes"

O luns 24 o alumnado de 4° da ESO e 3° PDC asistiron a unha charla didáctica e un debate, impartida por Jessica Penelas, traballadora de Aldaba, dentro do programa da Xunta de Galicia "Quen no te líen, ti elixes" que fomenta a orientación profesional libre de estereotipos de xénero e a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, o fomento da coeducación e contribuír a desaparición da brecha de xénero no ámbito laboral, especialmente na Formación Profesional.

Estas charlas e debates están dirixidos por persoal de asociacións, fundacións ou clústeres (como é o caso) de sectores tradicionalmente caracterizados pola escasa presenza feminina. Preténdese dar a coñecer estes sectores, fomentando vocacións e rompendo tabues de xénero.

Foto de la charla "Ti elixes", donde se ve a una mujer dando la charla

Páxina web creada por David Méndez Gil, alumno de 1º de Bacharelato A da optativa de Tecnoloxías de Informática e das Comunicacións

bottom of page