Co obxectivo de promover unha convivencia máis igualitaria tamén nas datas de Nadal, o noso centro elaborou un Decálogo por un Nadal en Igualdade, composto por dez recomendacións sinxelas para aplicar tanto na escola como no fogar. As propostas, elaboradas no marco do Proxecto Donas de Si, invitan a reflexionar sobre a corresponsabilidade, o reparto das tarefas, o respecto, a diversidade e a importancia de celebrar estas datas sen estereotipos.
Para favorecer a súa difusión, o decálogo colocouse nos corredores, nas aulas e nos espazos comúns, acompañado dun cartel visual coas principais mensaxes. Ademais, pedíuselle ao profesorado titor que comentase o contido nas súas sesións de titoría, promovendo un pequeno diálogo sobre igualdade, hábitos familiares e corresponsabilidade.
A través desta actividade buscamos que o alumnado:
-
reflexione sobre comportamentos diarios que reproducen desigualdades,
-
recoñeza a importancia da colaboración nas tarefas do fogar,
-
cuestione estereotipos presentes nos xoguetes, nos roles e nos comentarios,
-
e entenda que a igualdade non é cousa dun día nin dunha época do ano: é un compromiso dos 365 días.
Unha acción sinxela, simbólica e transformadora, que axuda a sementar valores de convivencia e respecto dentro e fóra do noso centro.
DECÁLOGO POR UN NADAL EN IGUALDADE


