top of page
Imagen de dos mujeres viendo por un microscopio.

Ciencia e tecnoloxía en feminino

Este espazo está dedicado a destacar o papel das mulleres na ciencia, na innovación e no desenvolvemento tecnolóxico. A través de investigacións, presentacións e proxectos dixitais, o alumnado descobre referentes femininos no ámbito STEM e reflexiona sobre a necesidade dunha ciencia máis diversa e inclusiva.

Dentro do proxecto Ciencia e Tecnoloxía en Feminino, o alumnado de 1º de Bacharelato da materia de Tecnoloxías da Información e a Comunicación desenvolveu unha proposta innovadora que combina divulgación científica, creación dixital e aprendizaxe lúdica.

CREACIÓN DE FICHAS DIVULGATIVAS

A primeira parte da actividade consistiu na elaboración de fichas dixitais sobre mulleres STEM empregando Genially. Cada grupo traballou cun bloque de 26 científicas —galegas, españolas e internacionais— sintetizando datos clave da súa vida, achegas e impacto no mundo da ciencia e da tecnoloxía.

Application is no longer available.

A partir destas fichas, o alumnado creou diferentes xogos interactivos empregando diversas plataformas dixitais:

 

  • Genially → ruletas de preguntas, “Quen é quen?”, test interactivos

 

  • Educaplay → rosco tipo Pasapalabra, crucigramas

 

  • LearningApps → crucigramas e actividades de definicións

 

  • Wordwall → xogos de memoria e emparellamento

 

Cada grupo desenvolveu un tipo de xogo distinto, co obxectivo de transformar o contido científico en dinámicas accesibles, motivadoras e incluíndo materiais complementarios con solucións para facilitar o seu uso por outros cursos.

DESEÑO DE XOGOS INTERACTIVOS

Estes foron os xogos creados

Quen quere ser millonario?

Xogo de memoria

PASAPALABRA

A RULETA

ENCRUCILLADA

QUIZ
TRIVIAL

Sesións divulgativas en  2º ESO

Como parte final da actividade, o alumnado de bacharelato visitou as aulas de 1º e 2º ESO para presentar as fichas e dinamizar os xogos creados. A sesión estruturábase en dúas partes:

 

Presentación das científicas

Cada estudante explicaba varias fichas, destacando datos relevantes e animando ao alumnado máis novo a tomar notas.

 

Xogo participativo

A continuación, realizábase o xogo interactivo asignado ao grupo, no que alumnado voluntario participaba —coa axuda dos seus compañeiros— para resolver preguntas, completar crucigramas, emparellar descubrimentos ou adiviñar científicas.

 

Esta metodoloxía favoreceu unha aprendizaxe máis activa, divertida e colaborativa, ao tempo que puxo en valor o papel das mulleres na ciencia e na tecnoloxía.

UN PROXECTO CON IMPACTO REAL

A actividade permitiu:

 

  • Visibilizar referentes femininas STEM

 

  • Traballar competencias dixitais avanzadas

 

  • Favorecer a expresión oral e a divulgación científica

 

  • Impulsar a aprendizaxe entre iguais

 

  • Achegar a ciencia ao alumnado máis novo dun modo creativo

Páxina web creada por David Méndez Gil, alumno de 1º de Bacharelato A da optativa de Tecnoloxías de Informática e das Comunicacións

bottom of page