top of page
Imagen de una mujer trabajando en un ordenador

Donas de Si

Mulleres referentes, xeracións conscientes

Que é o proxecto "Donas de Si"?

O programa "Donas de Si" ten como obxectivo principal a visibilización e posta en valor da participación e produción das mulleres como pezas fundamentais na configuración e no desenvolvemento da sociedade galega contemporánea. Preténdese recoñecer o seu papel político, social, artístico, científico e cultural, superando a visión tradicional que presentaba as súas achegas como puramente anecdóticas ou secundarias.

Para conseguilo, propón realizar unha aproximación de conxunto, que teña en conta a variable de xénero, a figuras relevantes —especialmente aquelas esquecidas ou ocultas— da nosa historia, co fin de construír e divulgar a memoria histórica feminina de Galicia.

Imagen de una mujer trabajando en un laboratorio

O noso proxecto no instituto:

No noso centro educativo participamos activamente no programa “Donas de Si”, desenvolvendo un proxecto colaborativo que combina investigación, creatividade e compromiso social.

A través das diferentes seccións desta web, recollermos o traballo realizado polo alumnado e profesorado para dar visibilidade ao papel das mulleres na sociedade e reflexionar sobre a igualdade desde diferentes perspectivas.

Imagen de una mujer pintando un cuadro

Visibilización no centro

Neste apartado recóllense as accións que transforman os espazos do instituto en lugares de reflexión e homenaxe. A través de carteis, exposicións e elementos visuais, facemos visible a presenza e o valor das mulleres en distintos ámbitos, tanto históricos como actuais.

Imagen de dos mujeres trabajando en un laboratorio

Ciencia e tecnoloxía en feminino

Nesta sección poñemos o foco nas mulleres que destacan no ámbito científico e tecnolóxico. O alumnado investiga, crea e comparte contidos que axudan a visibilizar referentes femininos no mundo STEM, demostrando que a ciencia e a innovación tamén teñen nome de muller.

Imagen de una mujer de visita en un museo

Actividades culturais e artísticas

Aquí recóllense propostas que unen arte, literatura, música e outras manifestacións culturais cunha mirada igualitaria. Trátase dun espazo para descubrir, reinterpretar e celebrar a creación artística feita por mulleres, ao tempo que se fomenta a expresión creativa do propio alumnado.

Páxina web creada por David Méndez Gil, alumno de 1º de Bacharelato A da optativa de Tecnoloxías de Informática e das Comunicacións

bottom of page